THE SHOW MOSCÓN

DATOS BÁSICOS

NOVO CIRCO

“The Show Moscón” é un  circo ambulante de “ varietés”, presentado por un  moscón gordo e  repoludo. 

Un marabilloso  circo, representado por un armario que abre as súas portas para mostrar os diferentes números que se haxan no seu interior. 

Nace como  homenaxe ás diferentes escolas e técnicas de manipulación, aprendidas ao longo destes anos e utilizadas nos seus distintos traballos de teatro e televisión, así como, a través da inspiración do traballo doutras compañías de teatro e  circo como: Hugo &  Ines,  GaiaTeatro,  Cia O retrete de  Dorian  Grey, Jordi  Bertran  Company ou Meigo  Lioz  Shem.

Dentro do noso armario, poderemos gozar de verdadeiras divas da canción, absurdos números musicais, horribles magos e  mentalistas,  incribles bebés  equilibristas , marabillosos números de danza e un sen fin de humor.

 

Lugar do espectáculo: 
Pazo da Cultura
Duración: 
50MIN
Prezos: 
Público xeral 9.50€ / Tarifa reducida 6.65€ / Tarifa Nen@s 5.50€
Información da billeteira: 

*Prezos:

-Abonad@s: 6.65€

-Público xeral: 9.50€

-Tarifa reducida: 6.65€ - para desempregad@s, con Carné Xove ou de Estudante (ata 24 anos)

-Tarifa nen@s: 5.50€ - para menores de 14 anos

*A venda de entradas a tarifa reducida farase unicamente a través da billeteira do Pazo da Cultura de Narón, presentando debida documentación.

**Espectáculo en período de reserva de abonad@s, venda ao público xeral a partir do 28 de decembro.

+info 981 102 897

Funcións: 
Domingo, 16 de Febreiro de 2020 18:00
Galitoon