Será por camiños

DATOS BÁSICOS

Século XIII. Renata Castro, unha muller de nobre familia, escapa do Mosteiro do Couto Fuxindo dun matrimonio de conveniencia decidido pola súa familia e topa con Gaspar, un xograr que se gaña a vida entretendo coas súas cantigas aos visitantes do mosteiro. A parella, unidas polas circunstancias, comeza a andar o camiño que vai desde o Couto a Santo André de Teixido, e así viaxan nunha aventura fantástica e parigosa, na que atravesarán fermosas paisaxes, visitarán lugares máxicos, vivirán situacións inquietantes e emocionantes, aprenderán grandes lendas e historias de todos os tempos, e toparan cun monte de interesantes personaxes de diferentes condicións e épocas, porque, como rezan as palabras que lles dirá unha vella misteriosa que apaña herbas á beira do camiño: "Se o que queren é aprender, irán a Santo André polo camiño que houbo, que hai e que houber"

 

Xénero: 
  • Teatro
  • Contemporáneo
Lugar do espectáculo: 
Pazo da Cultura
Duración: 
80min
Prezos: 
2€
Información da billeteira: 

*A venda de entradas para este espectáculo farase unicamente a través da billeteira do Pazo da Cultura de Narón a un prezo de 2€.

Funcións: 
Xoves, 23 de Marzo de 2017 20:30
Cartaz con data e logo.jpg