SEÑOR RUISEÑOR

DATOS BÁSICOS

SEÑOR RUISEÑOR

Un xardineiro de Parques e Xardíns debe deixar o traballo por culpa do reuma e situano no Museo Rusiñol onde fará de Rusiñol presentando as visitas teatralizadas do Museo. Pero ao cabo dun tempo, cando el se namora do pintor, deciden transformar o Museo Rusiñol no Museo da Identidade. A partir de aquí créase un conflito entre os dous mundos: o de Rusiñol e o dos que defenden a identidade, aos que chamamos bárbaros. A obra é unha reivindicación da arte como patria universal, a partir de Rusiñol, contra as patrias identitarias.

Santiago Rusiñol (1861-1931) , nacido no seo da burguesía catalá, simboliza unha personalidade intensa e complexa cunha visión melancólica, amarga e desencantada da vida. Un home dotado dun gran talento persoal que deriva na pintura e cuxa obra figura nas máis prestixiosas coleccións. Tamén alcanza gran notoriedade como dramaturgo, escritor e poeta. O seu carácter enxeñoso e cosmopolita fai del un referente do que os españois consideran a Cataluña cívica, culta e aberta ao mundo.

Co Señor Ruiseñor queremos reflexionar sobre a destrución duns conceptos de vida libre, conceptos que non foron substituídos na actualidade. En Cataluña arrincouse ou falseouse o pasado e, desta maneira, púidose configurar unha orde inventada. Só se utiliza a parte de coñecemento e de tradición que convén para contar un relato nesgado. Para nós, Rusiñol é a antítese deste mundo: este artista de carácter enxeñoso e comopolita representa a indución á vida alegre e sensual, ao gusto pola beleza, a sutileza e o coñecemento. Santiago Rusiñol - como dixo Josep Pla- goi un destrutor de fanáticos que representou unha sociedade de cidadáns con xuízo, á beira do Mediterráneo.-Ramon Fontseré

Lugar do espectáculo: 
Pazo da Cultura
Duración: 
1HORA 30MIN
Prezos: 
Público xeral 12€ / Tarifa reducida 8.40€
Información da billeteira: 

ESPECTÁCULO EN PERIODO DE VENTA DE ABONADOS ATÉ O 28 DE DECEMBRO DE 2020 INCLUSIVE

VENTA XERAL A PARTIR DO 29 DE DECEMBRO 2020

*Prezos:

-Tarifa público xeral: 12€

-Tarifa reducida: 8.40€ - para desempregad@s, con Carné Xove ou de estudante (ata 25 anos), menores de 14 anos

-Tarifa abonad@s: 8.40€  - para abonados / as

 

*A venda de entradas con tarifa reducida farase unicamente a través das billeteiras do Pazo da Cultura de Narón, presentando a debida documentación.

+ INFO 981 102 897

Funcións: 
Sábado, 30 de Xaneiro de 2021 20:00