SÉ INFIEL Y NO MIRES CON QUIÉN

DATOS BÁSICOS

SÉ INFIEL Y NO MIRES CON QUIÉN

Luis é propietario dunha editorial de libros para nenos en horas baixas. O seu socio e amigo Álvaro, co que comparte oficina, pídelle que lle preste o seu apartamento pola noite para “entreter” á súa última conquista. Pero ao mesmo tempo Rocío, a muller de Álvaro, tamén solicitou o apartamento para esa mesma noite a Bea, muller de Luís. Vaia lea de saias e pantalóns!.

 

Pero é que ademais ninguén sabe que Óscar, o deseñador de interiores que estivo decorando o elegante piso durante os últimos 3 meses e o seu amante, a empregada do fogar da casa, decidiron que esa mesma noite probarán a nova cama redonda. Cando os tres grupos de persoas coinciden a mesma noite no apartamento, esperando atopalo baleiro, prodúcese o caos. E no medio de todo ese envurullo, preséntaselle a Luís a oportunidade de relanzar o seu editorial nun escenario nada adecuado…

Lugar do espectáculo: 
Pazo da Cultura
Duración: 
1 HORA E 30 MIN
Prezos: 
PATIO BUTACAS 24 € / ANFITEATROS 20€
Información da billeteira: 

ESPECTÁCULO FORA DE ABONO E NON SUXETO A DESCONTOS.

Funcións: 
Venres, 12 de Xuño de 2020 20:30