RUBICUNDO - ESTREA!!!

DATOS BÁSICOS

TEATRO INFANTIL A PARTIR DE 5 ANOS

ESTREA!!!!

Tódalas noites, Rubicundo sae na súa bicicleta enriba da árbore do seu xardín rumbo á noite pecha. Semella que ninguén repara nesta personaxe, enfundada nun gabán e sombreiro de copa. Ninguén agás Erea. Disposta a chegar ate o fin daquel misterio…
Pois así era esta rapaza… curiosa e soñadora…

Rubicundo cóntanos unha fermosa historia sobre a amizade, a constancia e a poesía, abríndonos a posibilidade de perseguir os nosos soños sen sentir límites nin distancias…

Rubicundo é unha obra de de teatro actoral onde tres personaxes interactuan con obxectos, monicreques, bailan e cantan en directo. Coa fermosa historia de María Canosa de fondo, Ghazafelhos propón unha posta en escena chea de sorpresas pasando pola música, os monicreques, acrobacia, claqué... Unha mestura de xéneros na que Ghazafelhos soe propor para sorprender a un público familiar e facer difícil de esquecer esta máxica historia; RUBICUNDO

Comedia dramática drixida a público familiar · recomendado +5 anos

Xénero: 
  • Infantil
Lugar do espectáculo: 
Auditorio Municipal
Duración: 
50 MIN
Prezos: 
Público Xeral 7,50€ / 5,25€ Abonados, Carné Xove ou de estudante (ata 25 anos), desempregado
Información da billeteira: 

*a venda de entradas para os espectáculos infantís farase unicamente a través da billeteira do Pazo da Cultura de Narón.

+info 981 102 897

Funcións: 
Domingo, 23 de Outubro de 2016 18:00
rubicundo.jpg