ROSA CARAMELO E OUTRAS HISTORIAS- TALÍA TEATRO

DATOS BÁSICOS

Un espectáculo para nenas e nenos onde se lle dá a volta a roles e estereotipos de xénero. 
Nesta montaxe composta de catro historias nas que combinamos a palabra e a música en directo, trataremos de crear unha atmósfera adecuada para desmontar unha serie de ideas impostas e simplificadas, pero fortemente asumidas, sobre actitudes e aptitudes das mulleres e dos homes.

I. Rosa caramelo
Illada nun xardín, Margarita é a única elefanta do grupo que non consegue que a súa pel sexa de cor rosa caramelo. Cando os seus pais desisten desa idea descubrirá o significado da liberdade, e abrirá o camiño da igualdade para as súas compañeiras.

II. A historia dos bonobos con lentes
Eles comían, viaxaban e modernizábanse mentres elas colleitaban comida e criaban a prole. Pero os bonobos non aceptaban que as bonobas tamén puidesen aprender e evolucionar. O legado das autoras e ilustradoras pioneiras na creación de álbums sobre igualdade e coeducación, aínda vixente.

III. Unha feliz catástrofe
A catástrofe pono todo patas arriba: déixaos sen fogar e altera por completo as súas vidas. Pero é a señora Rato a que encontra a solución. Dunha vida monótona, ás aventuras e aos novos roles na familia.

IV. Artur e Clementina
O afecto e a ilusión que caracterizan o inicio da relación entre Artur e Clementina, acaban converténdose en monotonía e prisión. Clementina non se sente realizada, libre e feliz; a súa parella subestima as súas cualidades e ridiculiza as súas aspiracións. En vez de ofrecerlle comprensión e respecto, a actitude de Artur anula a súa personalidade e xéralle unha dinámica de dependencia, ao sobrecargala de obxectos materiais que non satisfán a súa ansia de desenvolvemento persoal.

Xénero: 
  • Infantil
Lugar do espectáculo: 
Pazo da Cultura
Duración: 
45 MINUTOS
Prezos: 
9,50 €: Público Xeral; 6,65 € Abonados - Carné Xove ou de Estudante (ata 25 anos) – Desempregados- Menores de 14 anos
Información da billeteira: 
  • Público: Infantil ou familiar( a partir de 4 anos).
  • + Info e reservas: 981 102 897 ou taquilla.pazo@naron.es
Funcións: 
Domingo, 14 de Febreiro de 2016 17:00
Domingo, 14 de Febreiro de 2016 18:30
Talía Infantil.jpg