RESACA

DATOS BÁSICOS

TEATRO CONTEMPORÁNEO

"Resaca" é un espectáculo multicisciplinar no que o teatro conversa coa poesía, a narración oral e a música en directo para tratar de recompoñer a historia da vida de Álex, unha persoa común que dalgunha maneira resume e simboliza o sentir dunha xeración que continúa buscando o seu lugar nun mundo que se atopa en proceso constante de transformación e crise.

"Resaca" é o resultado dun traballo documental sobre a memoria familiar e afectiva de todos os membros de ilMaquinario Teatro, a través da súa relación cunha persoa recentemente desaparecida. A reflexión sobre a súa perda activa a súa necesidade para salvagardar a memoria común fronte a vertixe cotiá que nos empurra cara adiante sen ter en conta a importancia do pasado. Quizáis non exista mellor momento que o de agora para falar de alguén a través de quen recoñecernos con todos os nosos medos, desexos, dúbidas, ledicias e miserias.

"Resaca" xoga cos mecanismos do teatro documental ofrecendo un espectáculo vital no que os intérpretes intentan comprenderse lendo, cantando, rindo, escoitando, bailando e respirando a vida das perosas que nos habitan e que xa non están entre nós. Unha viaxe na que o espectador transitará polos territorios da tenrura, a comicidade, a reflexión e a emoción da man de cinco intérpretes que fan das súas propias vidas materia escénica.

Xénero: 
  • Teatro
  • Contemporáneo
Lugar do espectáculo: 
Pazo da Cultura
Duración: 
1H 25MI
Prezos: 
Público Xeral 9,50€ / Abonados, Desempregados ou Carne Xove ou de Estudante(ata 25 anos), menores de 14 anos 6.65€
Información da billeteira: 

*Espectáculo en período de reserva de abonad@s, venda ao público xeral a partir do Venres 28 de xullo.

**A venda de entradas a tarifa reducida farase unicamente a través da billeteira do Pazo da Cultura de Narón.

+info 981 102 897

Funcións: 
Sábado, 25 de Novembro de 2017 20:00
Resaca