RECORTES, CANEOS E OUTRAS FORMAS DE DRIBLAR

DATOS BÁSICOS

Recortes, caneos e outras formas de driblar recrea un de tantos partidos de fútbol do século a través do comportamento de xogadores, adestradores, xornalistas, directivos, árbitros, seareiros e demais personaxes principais, secundarios ou figurantes que conforman o espectáculo futbolístico.

 

O Centro Dramático Galego e Ainé unen forzas para levar ás táboas un texto de José L.Prieto, a partir dun traballo xornalístico de Nacho Carretero sobre o mundo do fútbol e todo o que o rodea, coa dirección de Tito Asorey. Un paseo lúdico, crítico e musical sobre o espectáculo futbolístico que percorre a súa cara máis radiante sen esquecer a máis sombría.

 

Interpretada por Xosé A. Touriñán, Manuel Cortés, Christian Escuredo, Xoán Fórneas, Isabel Garrido e Sergio Zearreta, Recortes é unha viaxe emocionante ao interior das paixóns futbolísticas a través do humor e a música. Con músicas orixinais compostas por Vadim Yukhnevich, Recortes, caneos e outras formas de driblar conta coas coreografías de Mónica García, a iluminación de Laura Iturralde, a escenografía de José Faro, 'Coti' e o vestiario de Laura Baena. Rosa Moledo é a encargada do asesoramento lingüístico e os deseños son obra de Artur Galocha.

Lugar do espectáculo: 
Pazo da Cultura
Duración: 
1 HORA 30 MIN
Prezos: 
22€ ( Patio de butacas), 20€ (1 anfiteatro), 18€ (2 anfiteatro)
Información da billeteira: 

2022-11-25 - 21:00:

  • ABO PL 1: 20,00 €
  • ABO PLA 2: 18,00 €
  • ABONADOS PATIO: 22,00 €
  • PATIO XERAL: 22,00 €
  • PLANTA1: 20,00 €
  • PLANTA2: 18,00 €

ESPECTÁCULO FORA DE ABONO

Funcións: 
Venres, 25 de Novembro de 2022 21:00