NOVO DISCO DE SÉS
Se algo podemos destacar de Sés é o seu enorme carisma eforza persoal, xa de sobra amosada en centos de concertos e actuacións o longo de toda Galiza, percorrendo diferentes escenarios, pobo tras pobo, cidade tras cidade. Aos poucos e grazas a transmisión boca orella, a súa intensa personalidade e honestidade á hora de manifestarse, foi conquistando ao público cun caudal de enerxía que chama pola unión e o cuestionamiento do establecido.
En decembro de 2017 vé a luz o seu 5º traballo discográfico e en xaneiro comeza a gira de presentación do mesmo por todo o estado.
Gravado nos estudos BRUAR, da Coruña, e producido por MARÍA XOSÉ SILVAR, a propia Sés, neste traballo conta na xira cos seus músicos habituais: Tito Calviño (guitarra), Fernando Fraga (baixo), Lorena "Cachito" Martín (batería), Lucía Cela, Lucía Souto e Rebeca Rama (coros) e Chicho Cordero (percusións)
Prezos:
Abonad@s 8.40€
Público Xeral 12€
Tarifa reducida 8.40€
*A venda de entradas a tarifa reducida farase unicamente a través da billeteira do Pazo da Cultura.
**Espectáculo en período de reserva de abonad@s. Entradas á venda ao público xeral a partir do xoves 4 de xaneiro.
***Por motivos de saúde, vémonos na obriga de aprazar o concerto de SES en Narón previsto para o 27 de Xaneiro. A nova data será o Sábado 12 de Maio no mesmo recinto, o Pazo da Cultura. As entradas xa adquiridas serán válidas para esta nova data. Quen queira, poderá devolver a súa entrada a través de calquera dos medios de venda anticipada, e reintegraráselle o importe da mesma. A devolución das localidades farase efectiva ata o sábado 27 de xaneiro, data na que anteriormente estaba previsto dito concerto.
Calquera dúbida podedes chamar directamente á billeteira do Pazo de Cultura no 981 102 897 ou taquilla.pazo@naron.es
+info 981 102 897