MONOLOGOS
UNA NOCHE CON ENRIQUE SAN FRANCISCO
Unha escollida selección dos seus mellores e máis famosos monólogos cos que triunfou en escenarios e programas tan emblemáticos como “El club de la comedia” ou “ El Hormiguero”.
Sempre na súa liña irónica e canalla cunha intensa personalidade que nunca deixa indiferente achegarase ás situacións máis cotiás desde un humor agudo e intelixente que garante a diversión máis vándala esta vez acompañado do cómico Denny Horror.
Enrique San Francisco Cobo, coñecido polo público como Quique San Francisco, é un humorista, monologuista e actor español. Debutou fronte á pantalla sendo aínda un neno. A publicidade foi a súa primeira conquista. Despois veu o cinema, onde se estreou con seis anos e posteriormente o teatro, a cuxas táboas se subiu aos 8 anos de idade.
Ao longo da súa traxectoria sementou grandes éxitos no teatro, destacando as súas interpretacións en obras como “ Frankie y la boda”, “Decíamos ayer”, Misterioso asesinato en Maniatan, El enfermero imaginario e varios espectáculos construídos sobre a súa propia figura. Ademais, interveu en numerosas películas como “Amanece, que no es poco”, “Paris Tombuctú”, “Acción mutante”, “La dama boba” o “El chocolate del loro”