Un cartel pendurado no manubrio da porta. “Por favor, arranxe o cuarto”. Ao regreso da praia, as camas feitas, as toallas limpas e o baño impoluto. Son as que limpan, as invisibles que carretan ao lombo un sistema turístico precarizador.
As que limpan é unha sátira utópica inspirada na loita organizada das camareiras de piso dos hoteis por conseguiren uns dereitos laborais e sociais xustos. Fronte a elas, a avaricia voraz dos propietarios das cadeas hoteleiras. Hai quen nunca limpou un váter e hai quen limpa cincocentos ao mes.
Autoría Areta Bolado, Noelia Castro, Ailén Kendelman
Dirección Areta Bolado, Noelia Castro e Ailén Kendelman
Escenografía Beatriz de Vega
Deseño son Ailén Kendelman
Deseño iluminación Del Ruiz
Vestiario Esther Quintas
Música Ailén Kendelman
Elenco artístico
Areta Bolado
Noelia Castro
Ailén Kendelman