MONICREQUES
Familiar e infantil a partir de 5 anos
Marieta é unha nena coma calquera nena de 5 anos, ela está rodeada de portas, portas que se abren e contan historias. Historias que teñen música e cantan cando Marieta quere, pero Marieta ten unha porta que garda un segredo.
Un segredo que nunca contou e ninguén escoitou, por iso Marieta ás veces non fala e queda calada, por iso Marieta sempre se enfada, por iso dende hai tempo ten pesadelos e máis pesadelos.
Pum pum! é un espectáculo tenro que fala de historias cotiás que lles pasan aos nenos/as destas idades, pero tamén fala dunha mensaxe moi clara: desde moi pequenos/as teñen que saber que ninguén pode obrigarlles a facer cousas que non queren.
Prezos:
Abonad@s 6.65€
Público xeral 9.50€
Tarifa reducida 6.65€
Nenos e nenas menores de 14 anos 5.50€
*A venda de entradas a tarifa reducida farase unicamente a través da billeteira do Pazo da Cultura.
**Espectáculo en período de reserva de abonad@s. Entradas á venda ao público xeral a partir do xoves 4 de xaneiro.
+info 981 102 897