PULGARCITO

DATOS BÁSICOS

TEATRO INFANTIL

Os clásicos o son pola súa capacidade de resultar contemporáneos en calquera tempo. "Pulgarcito" é un conto no que un neno miúdo e enxeñoso salva a todos os seus irmáns e á súa familia, despois de que os seus pais desesperados haxan tido que abandonalos no bosque por falta de recursos.
Son varios os temas que Perrault aborda na súa versión do conto e, sen dúbida, un deles é o do abandono. Nós presentamos o conto privilexiando este tema e contextualizándolo nunha situación que non deixará de reclamar paralelismos coa sociedade actual.
Quen busque o "Pulgarcito" de Perrault achará o que busca como tamén o fará quen desexe atopar unha visión nova e estimulante. Divertido para os nenos e conmovedor para os adultos (aínda que talvez resulte o contrario), presentamos o conto a través da relación dun fillo co seu pai. E é por iso que este é un espectáculo especialmente ideado para pais e fillos.
Segundo dise, os contos inventáronse para durmir aos nenos e espertar aos adultos, pero e se os pais fosen os nenos e os fillos os adultos?.

Xénero: 
  • Infantil
Lugar do espectáculo: 
Pazo da Cultura
Duración: 
1H
Prezos: 
Público Xeral 9,50€/ 6,65€ Abonados, Desempregados ou Carne Xove ou de Estudante(ata 25 anos)
Información da billeteira: 

*a venda de entradas dos espectáculos infantís farase unicamente a través da billeteira do Pazo da Cultura.

+info 981 102 897

Funcións: 
Domingo, 9 de Outubro de 2016 18:00
pulgarcito.jpg