PUERTAS ABIERTAS

DATOS BÁSICOS

París está inmersa no caos. Varias bombas estalaron provocando decenas de mortos. A cidade está cercada. As rúas cortadas. O transporte público non funciona. Ante o colapso, os veciños do centro da cidade convidan as súas casas aos que quedaron atrapados.

Julie tamén ofrece o seu apartamento. Cando abre a porta, atópase cun mozo que a enfronta aos seus prexuízos. Que ocorre cando o temor ábrese paso nas nosas vidas? Desde o exterior, chegan os queixumes dunha cidade ferida.

No interior, sucédense os silencios, as confesións, a tenrura inesperada e, tamén, as mentiras. Demasiadas mentiras.

 

Lugar do espectáculo: 
Pazo da Cultura
Duración: 
1hora 30min
Prezos: 
Público xeral 16€ / Tarifa reducida 11.20€
Información da billeteira: 

*PREZOS:

- TARIFA PÚBLICO XERAL: 16€

- TARIFA REDUCIDA: 11.20€ - para abonad@s, desempregad@s, con Carné Xove ou de estudante (ata 25 anos)

 

* A venda de entradas a tarifa reducida farase únicamente a través da billeteira do Pazo da Cultura de Narón, presentando a debida documentación.

Teléfono de atención 981 102 897

 

Funcións: 
Sábado, 7 de Novembro de 2020 20:00