O vindeiro venres 13 de marzo, presentarase no Pazo da Cultura a mediametraxe Eternia, baseada nas invasións romanas da Gallaecia. Unha parte desta mediametraxe foi rodada en escenarios naturais de Narón como a Feira do Trece, a Pena Molexa, o Castro de Eiravedra ou os cantís da Costa Atlántica de Narón. Asemade, veciños de Sedes que participan de xeito habitual no Oenach Atlántico de Sedes, participaron como figurantes na rodaxe do filme.
A proxección da mediametraxe terá lugar ás 20:00 h. e a entrada é e balde. Poden retirarse os convites na billeteira do Pazo da Cultura en horario de 10:30 a 14:00 ou de 18:00 a 20:30. Para + info podese contactar coa billeteira no tlf.: 981 102 897