PLAY

DATOS BÁSICOS

DANZA CONTEMPORÁNEA PARA PÚBLICO FAMILIAR E INFANTIL A PARTIR DE 4 ANOS

Non! Non se abre o pano ao empezar. Antes, hai que “construír” o escenario. E enchelo de coxíns. E colocar ao bailarín. E iluminalo todo. E entón e só entón, o escenario cobra vida, suspendido.

Para xogar á “pita cega”. Ou para entrecruzar gomas e participar nun antigo videoxogo. Para saltar sobre o sofá, ou descubrir cisnes buscando o seu lago.

Para seguir a cans bailaríns que escoitan gatos ou encherse a cabeza de aire. Para provocar fogos artificiais ou danzar todos xuntos.

PLAY é unha festa sen respiro que contaxia alegría, alenta o sorriso e comparte diversión. E o pano, esta vez, tampouco baixa. Porque a festa continúa despois…

 

Lugar do espectáculo: 
Pazo da Cultura
Duración: 
55MIN
Prezos: 
Público xeral 9.50€ / Tarifa reducida 6.65€ / Tarifa Nen@s 5.50€
Información da billeteira: 

*Prezos:

-Abonad@s: 6.65€

-Público xeral: 9.50€

-Tarifa reducida: 6.65€ - para desempregad@s, con Carné Xove ou de Estudante (ata 24 anos)

-Tarifa nen@s: 5.50€ - para menores de 14 anos

*A venda de entradas a tarifa reducida farase unicamente a través da billeteira do Pazo da Cultura de Narón, presentando debida documentación.

**Espectáculo en período de reserva de abonad@s, venda ao público xeral a partir do 28 de decembro.

+info 981 102 897

Funcións: 
Venres, 31 de Xaneiro de 2020 18:00
play