PETIT POP EN CONCERTO

DATOS BÁSICOS

MÚSICA FAMILIAR E INFANTIL

Concerto de música familiar no que o sentido do humor e a proximidade á vida diaria son o marco perfecto para explorar, a través do universo infantil, todas aquelas cousas que nos gustan, nos sorprenden, nos levan a facernos preguntas, nos asustan... e que son, en definitiva, sentimentos e emocións interxeracionais universais.

Petit Pop propón un espectáculo participativo e divertido no que o público terá que implicarse. A única idade que importa é a da ilusión e a das gañas de pasar un bo rato gozando de cancións que pola súa sonoridade e temática conectan tanto cos rapaces como cos adultos.

Lugar do espectáculo: 
Pazo da Cultura
Duración: 
1 HORA
Prezos: 
Público xeral: 9,50 € Abonados - Desempregados - Carné Xove ou Estudante (ata 25 anos): 6,65 € Menores de 14 anos: 5,50€
Información da billeteira: 

Público xeral: 9,50 €

Abonados - Desempregados - Carné Xove ou Estudante (ata 25 anos): 6,65 €

Menores de 14 anos: 5,50€

Funcións: 
Domingo, 21 de Novembro de 2021 18:00