PERPLEXO - ILMAQUINARIO TEATRO

DATOS BÁSICOS

Sábado 7 de Novembro - 20:00 h.

Cres que sabes perfectamente quen es. Cres que sabes perfectamente quen son as persoas que están ao teu carón. A túa parella. O teu mellor amigo. A túa nai. Cres que sabes perfectamente o que está sucedendo ao teu redor. Cres que ti manexas a situación. Cres que es TI quen conformas a túa propia realidade. Que sabes perfectamente como é a túa vida. Que o teu fogar é teu e que tes un nome, unha tarxeta de crédito e unha póliza de seguros. Cres que tes CERTEZAS. 

Pero as CERTEZAS neste mundo son case unha UTOPÍA. 

Esta vida....é realmente túa? Para quen estás vivindo esa vida? Existes realmente, se ninguén está a ollar para ti? Quen é o que realmente está ollando para ti? Existe alguén, nalgún lugar, ollando para todos nós? Cando toda a realidade se derruba ao noso redor, a que podemos aferrarnos?...

Benvidos o universo de PERPLEXO, o novo espectáculo de ILMAQUINARIO TEATRO

 

Xénero: 
  • Teatro
  • Comedia
Lugar do espectáculo: 
Pazo da Cultura
Duración: 
1 hora e 25 minutos
Prezos: 
9,50 € Público Xeral / 6.65 € Abonados - Carné Xove ou de Estudante (ata 25 anos) - Desempregados
Información da billeteira: 

Sábado 7 de Novembro - 20:00 h.

  • Público: Adultos
  • + Info: 981 102 897
Funcións: 
Sábado, 7 de Novembro de 2015 00:00
ILMAQUINARIO.jpg