A PEGADA DOS AVÓS

DATOS BÁSICOS

Venres, 13 de febreiro ás 20:00 horas

“A Pegada dos Avós” É unha película documental que aborda a memoria
histórica dende un punto de vista moi pouco tratado, quenes buscan
respostas son un grupo de adolescentes estudantes do último curso de
bacharelato artístico.
Eles escollen as historias de José Villaverde e de Amada García para
afondar nun tema sobre o que non tiñan case información.
Dende a súa mirada intentarán comprender o drama da guerra civil
española,a dictadura, a represión e, como din eles “coñecer de primeira man
o que non ven nos libros. A suas reflexións personais asimesmo quedan
reflectidas no videoblog de cada un.
Ademáis os protagonistas logran falar con dous dos principais expertos neste
tema: o escritor Manuel Rivas e o xuíz Baltasar Garzón.

Un grupo de rapaces percorren, 75 anos despois, un particular camiño
tratando de investigar a historia da xeración que viviu o golpe do 36. Elas e
eles, en primeira persona, terán que se enfrontar á dureza dos seus
descubrimentos e explicar as implicacións que poda ter esta decisión nas
suas vidas.

Xénero: 
  • Outros
Lugar do espectáculo: 
Café Teatro
Duración: 
2 horas
Prezos: 
Gratuito
Información da billeteira: 

Público: Todos ós públicos
+ Info: 981 102 897

Funcións: 
Venres, 13 de Febreiro de 2015 00:00
Cartel A pegada dos avos_baixa.jpg