Patapatúm

DATOS BÁSICOS

TEATRO XESTUAL. FAMILIAR E INFANTIL A PARTIR DE 2 ANOS

O Elefante Elegante presenta un novo espectáculo na liña do seu traballo xestual e cunha forte compoñente plástica e musical. PATAPATÚM propón unha reflexión sobre a presenza dos bens materiais nas relacións entre pais e fillos. As nais e pais cun relativo poder económico, desexando a felicidade dos seus fillos, adoitan ofrecerlle moreas de xoguetes e intentan buscarlles ocupacións permanentes para estimulalos, para que se desenvolvan e non se aburran. Pero o aburrimento non é sempre negativo, pode ser estructurante e desenvolver a súa creatividade.

Por outra banda, pode acontecer que eses obxectos materiais, eses agasallos, intenten colmar a falta de tempo que os proxenitores teñen para adicar aos seus fillos.

Xénero: 
  • Teatro
Lugar do espectáculo: 
Pazo da Cultura
Duración: 
45MIN
Prezos: 
Público Xeral 9,50€ / 6.65€ Abonados, Desempregados ou Carne Xove ou de Estudante(ata 25 anos) / Menores de 14 anos 5.50€
Información da billeteira: 

*Prezos:

Tarifa Público Xeral: 9.50€

Abonad@s: 6.65€

Tarifa Reducida: 6.65€

Tarifa nen@s menores de 14 anos: 5.50€

 

**A venda de entradas a tarifa reducida farase unicamente a través da billeteira do Pazo da Cultura de Narón.

***Espectáculo en período de reserva de abonad@s. Venda ao público xeral a partir do día 28 de marzo.

+info 981 102 897

 

Funcións: 
Domingo, 15 de Abril de 2018 18:00
29102125_1617494508339281_6963829603454550786_n.jpg