OUTONO

DATOS BÁSICOS

NOVO CIRCO

Con motivo dos dez anos do nacemento de Pistacatro, a emblemática compañía de Novo Circo Galego da o seu mortal máis arriscado: OUTONO, un novo espectáculo no que reúne aos seus fundadores para celebrar o máis difícil aínda, facerse maior.

OUTONO é unha homenaxe aos pallasos clásicos, contada a través dunha compañía de clowns en plena crise. Un espello no que se miran os artistas e as súas personaxes, unha carpa caída onde suceden as estacións.

OUTONO é un espectáculo de teatro circo con música en directo, que nos conta unha viaxe nostáxica de catro artistas ao seu pasado, unha celebración da amizade e dos fracasos, unha reivindicación de ser idiotas, unha mirada poética ao antigo oficio dos pallasos. Un reencontro cheo de emocións, verdade e humor.

Xénero: 
  • Teatro
Lugar do espectáculo: 
Pazo da Cultura
Duración: 
1H 10MIN
Prezos: 
Público Xeral 9,50€ / 6.65€ Abonados, Desempregados ou Carne Xove ou de Estudante(ata 25 anos) / Menores de 14 anos 5.50€
Información da billeteira: 

*Prezos:

Tarifa Público Xeral: 9.50€

Tarifa Reducida: 6.65€

Abonad@s: 6.65€

Nen@s menores de 14 anos: 5.50€

 

**A venda de entradas a tarifa reducida farase unicamente a través da billeteira do Pazo da Cultura de Narón.

***Espectáculo en período de reserva de abonad@s. Venda ao público xeral a partir do día 28 de marzo.

+info 981 102 897

Funcións: 
Domingo, 20 de Maio de 2018 18:00
28276906_1951440718231773_1448753821756663556_n.jpg