OS NENOS DA VARÍOLA

DATOS BÁSICOS

COMEDIA

Os nenos da Varíola é a adaptación á escena do libro de María Solar dedicado aos 22 nenos, que en 1803 levaron no seu corpo a vacina da varíola do vello ao novo mundo. Sempre brazo a brazo, sen romper a cadea, formando parte dunha das fazañas médicas máis grandes da humanidade.

Os nenos da Varíola preséntase ao público familiar e escolar como un xogo escénico no que hai 22 espectadores enriba do escenario formando parte da posta en escena, simbolizando por un lado os nenos que vivían no Hospicio da Coruña, a xente do Hospital ou a tripulación do corveta María Pita; e por outro, sendo testigos privilexiados do que sucede no escenario.

As actrices Victoria Pérez e Isabel Risco e os actores Manu Fernández e Xosé Leis interpretan á ducia de personaxes que protagonizan esta historia: as monxas da Casa de Expósitos, os Doutores Balmis e Posse Roybanes, os nenos do hospicio e á muller que finalmente fixo posible que esta Real Expedición Filantrópica se fixera realidade, Isabel Zendal

Xénero: 
  • Teatro
  • Comedia
Lugar do espectáculo: 
Pazo da Cultura
Duración: 
1H
Prezos: 
Público xeral 9.50€ / Tarifa reducida 6.65€ / Tarifa nen@s 5.50€
Información da billeteira: 

Prezos: 

*Tarifa abonad@s: 6.65€

*Tarifa público xeral: 9.50€

*Tarifa reducida: 6.65€ (con Carné Xove ou de estudante (ata 24 anos), desempregad@s)

*Tarifa nen@s 5.50€ (menores de 14 anos)

 

**Espectáculo en período de reserva de abonad@s, venda ao público xeral a partir do mércores 21 de agosto.

***A venda de entradas a tarifa reducida farase unicamente a través da billeteira do Pazo da Cultura de Narón, presentando a debida documentación

+info 981 102 897

Funcións: 
Domingo, 15 de Decembro de 2019 18:00
Os nenos da Varíola.jpg