ONDE ESTÁ O MAGO ANTÓN?

DATOS BÁSICOS

Domingo 17 de maio ás 19:00 h.

Despois de doce anos nos que mantivo unha actividade intensa de produción de eventos e espectáculos máxicos, facendo só puntuais intervencións nos escenarios, o Mago Antón volve á primeira liña da escena para presentar, en tres formatos diferentes e pensados para distintos espazos de intervención, o seu novo espectáculo Onde está o Mago Antón?.
Esta nova produción supón unha volta ás súas orixes nas artes escénicas cun espectáculo caracterizado pola recuperación dalgún número dos inicios da súa carreira (entre outros a ventriloquía coa presenza do seu boneco, o labrego Facundo), e a incorporación dalgunhas das súas últimas e anovadoras creacións nas distintas especialidades máxicas: aparicións, desaparicións, levitacións, transformacións, mentalismo, manipulacións, cartomaxia…
Máis dunha hora de espectáculo concibido para todo tipo de público (de todas as idades e moi axeitado para grupos familiares: netos, pais, avós…) no que se suceden a un ritmo trepidante ducias de xogos de maxia, todos eles de creación propia do Mago Antón.

 

Xénero: 
  • Outros
Lugar do espectáculo: 
Pazo da Cultura
Duración: 
1 hora e 25 minutos
Prezos: 
9,50 € Público Xeral / 6,65 € Abonados - Carné Xove ou de Estudante (ata 25 anos) - Desempregados
Información da billeteira: 

Domingo 17 de maio ás 19:00 h.

  • Público: Infantil e familiar
  • +Info: 981102 897
Funcións: 
Domingo, 17 de Maio de 2015 00:00
130.JPG