OLYMPIA

DATOS BÁSICOS

(FESTIVAL SINGULAR)

A través da historia dunha figura real pero que toca os arquetipos, o espectáculo trata de temas como a muller, a soidade, os límites entre o real e o imaxinario e entre a tolemia e a arte.

 

Olympia baséase nun diálogo coa historia da muller de Brasil, que andaba polas rúas da cidade histórica de Ouro Preto; transitaba polas fronteiras do delirio, da arte e da tolemia, encantando turistas e residentes, pola súa maneira divertida e graciosa de estar na rúa.

 

Olympia coñeceu moita xente importante e tiña amigos famosos, como o poeta brasileiro Vinícius de Morais, a cantante de rock Rita Le e Juscelino Kubistchek, presidente da república nos anos 50.

 

Dicíase noiva de Don Pedro II, imperador português, amante de Mozo Rei, gran lider dos escravos. Fotografada con Sartre e Simone de Beauvoir, fíxose amiga de Judith Malina do Living Theatre que pasou por Ouro Preto nos anos 60.

 

Nun primoroso traballo corporal e vocal, a actriz/bailarina *Ângela Mourão utiliza diversas técnicas de teatro contemporáneo para transitar entre o personaxe Olympia, a narradora da historia, a máscara, que representa os delirios da “Señora”, e a propia actriz, que se revela en escena.

 

O espectáculo pasea entre os límites do simples, do profundo, pero tamén da graza e da leveza, “como os pasos de Olympia, ás veces axigantados polas sombras do pasado, ás veces reducidos aos regateos do presente”. 

Lugar do espectáculo: 
Pazo da Cultura
Duración: 
1 HORA
Prezos: 
Público xeral 9.50€ / Tarifa reducida 6.65€
Información da billeteira: 

ESPECTÁCULO EN PERÍODO DE VENTA DE ABONADOS ATA O 27 DE DECEMBRO.

VENTA AO PÚBLICO XERAL A PARTIR DO 28 DE DECEMBRO DE 2019.

*A venda de entradas a tarifa reducida farase unicamente a través das billeteiras do Pazo da Cultura de Narón, presentando a debida documentación.

**Espectáculo en período de reserva de abonad@s, venda ao publico xeral a partir do 28 de decembro.

+info 981 102 897

Funcións: 
Sábado, 14 de Marzo de 2020 20:00