O TOLLEITO DE INISHMAAN

DATOS BÁSICOS

TEATRO COMEDIA

Podería ser unha aldea galega pero é unha pequena illa irlandesa. Anos 30. Personaxes curiosos, pintorescos, característicos... Seres máis ou menos adorables, máis ou menos odiosos que, nun mundo física e humanamente isolado, viven as súas vidas cativas como poden e como saben.

Entre eles un tolleito, un ser desfavorecido que ten unha arela que para el semella extremadamente difícil: transcender ese ámbito cerrado que está obrigado a habitar; un eivado que persegue un soño que nel parece empresa imposible: ser amado e valorado como calquera outro.

Un espectáculo de gran formato (8 actores de prestixio, potente escenografía, música emocionante, iluminación atractiva) no que o público se sentirá atrapado polo humor e a tenrura dun teatro tan entrañable, tan noso, coma o irlandés.

Xénero: 
  • Teatro
  • Comedia
Lugar do espectáculo: 
Pazo da Cultura
Duración: 
1HORA 40 MIN
Prezos: 
Público Xeral 9,50€ / 6.65€ Abonados, Desempregados ou Carne Xove ou de Estudante(ata 25 anos)
Información da billeteira: 

Prezos:
ABONADOS:  6,65 € 
PÚBLICO XERAL:  9,50 € 
 

*Espectáculo en período de reserva de abonad@s, venda ao público xeral a partir do Xoves 22 de decembro.

**A venda de entradas a tarifa reducida farase unicamente a través da billeteira do Pazo da Cultura.

+info 981 102 897

Funcións: 
Sábado, 28 de Xaneiro de 2017 20:00
o tolleito