O PRINCIPIO DE ARQUÍMEDES - TEATRO DO ATLÁNTICO

DATOS BÁSICOS

 

Sábado 10 de Outubro - 20:00 h.

¿Preferimos vivir nun mundo onde aínda é permitido un xesto de tenrura cun cativo, aínda que así queden fendas para os abusos, ou preferimos unha sociedade de seguridade reforzada que impón o control dos individuos para previr calquera risco?. A proliferación dos dispositivos de seguridade fai pensar que a escolla xa está feita.

(Laurent Gallardo, tradutor da Maison Antoine Vitez)

Sobre a figura dun adestrador de natación con alumnos infantís, recae a sospeita, manifestada polos pais dos rapaces,  de que puidera tratarse dun pederasta. A sospeita, provocada por un feito con tantos argumentos para que sexa fundada como para que sexa absolutamente infundada , medra pouco a pouco e alimenta o medo, esa sombra negra que, ao que parece,  xa se converteu en presenza inevitable na nosa sociedade. Claro que hai moitas categorías de medo. E aquí estamos a tratar cun medo especialmente perigoso que ten que ver co posible dano que alguén lle poida facer aos nosos fillos.  E consecuentemente tamén xogamos coa posible cegueira, coa ofuscación duns pais nos que ese medo elimina, se cadra, a posibilidade de relativizar a sospeita. E a bola medra, e non hai quen a parala; e o monstro do medo desemboca en violencia.

O autor, Josep María Miró, di que “vivimos nunha sociedade que vende medo e seguridade ao mesmo tempo”.

Unha mestura  diabólica que, se cadra, foinos enviada polos americanos, pois é materia que semellan controlar amplamente.

Xénero: 
  • Teatro
Lugar do espectáculo: 
Pazo da Cultura
Duración: 
1 hora e 30 minutos
Prezos: 
9,50 € Público Xeral / 6.65 € Abonados - Carné Xove ou de Estudante (ata 25 anos) - Desempregados
Información da billeteira: 

Sábado 10 de Outubro - 20:00 h.

  • Público : Adulto
  • + Info: 981 102 897
Funcións: 
Sábado, 10 de Outubro de 2015 00:00
Teatro do Atlántico.jpg