O PODER DO ARCABUZ

DATOS BÁSICOS

DANZA TRADICIONAL

"O Poder do Arcabuz" recrea a revolución irmandiña que tivo lugar en Galicia na Baixa Idade Media. Trátase dun espectáculo de danza tradicional de gran formato, con case un cento de artistas no escenario: 35 bailaríns, 20 músicos e 40 persoas no coro.
A compañía Quique Peón Cía. e o grupo de música e baile tradicional Xacarandaina xúntanse para facer unha das obras máis ambiciosas no mundo da danza tradicional galega "O poder do arcabuz" fusiona distintas artes escénicas enmarcadas nun contexto netamente contemporáneo e traído aos nosos días. A obra é a descripción surrealisra dunha historia, creada para a ocasión, baseada na maior revolta do século XV en Europa: A Revolta Irmandiña.
A danza e o baile tradicional galego serán o elemento principal do espectáculo, a linguaxe de cohesión de todo.
Na obra amosaranse diferentes movementos e expresións de danzas, bailes, músicas, cantos e coreografías, moitas delas medievais(de espadas, de arcos, de paus, de cintas, de reis, de donas e galáns...) empregando un amplísimo abano de movementos folclóricos que evolucionarán até os nosos días e que servirán para relatar o que se quere contar en cada momento. Sem embargo, a danza contemporánea tamén estará presente na obra, non tanto na súa linguaxe coma no seu concepto, pois é un estilo que foi creado para expresar sentimentos e reexaminar os principios fundamentais da danza como medio de comunicación. A música, dirixida por Pedro Lamas, será un xeito fundamental do espectáculo e fusionará a música tradicional e a culta, facendo énfase no medievo, creando bases contemporáneas e étnicas utilizando música instrumental, de percusión e vocal (solista e coral).
"O poder do arcabuz" é un espectáculo concibido como un musical de estructura comostal de diferentes escenas que irán sucedendo, unha tras outra, a moso de actos, ao estilo dos antigos ballets románicos.
 

Xénero: 
  • Danza
  • Tradicional
Lugar do espectáculo: 
Pazo da Cultura
Duración: 
1 HORA Y 30 MINUTOS
Prezos: 
Público Xeral 9,50€ / 6.65€ Abonados, Desempregados ou Carne Xove ou de Estudante(ata 25 anos)
Información da billeteira: 

Prezos:
ABONADOS: 6,65 € 
PÚBLICO XERAL:  9,50 €
 

*a venda de entradas a tarifa reducida farase unicamente a través da billeteira do Pazo da Cultura.

+info 981 102 897

Funcións: 
Sábado, 5 de Novembro de 2016 20:00
arcabuz.jpg