O MOZO DA ÚLTIMA FILA

DATOS BÁSICOS

O MOZO DA ÚLTIMA FILA

SINOPSE

Claudio é un estudante de dezasete anos que senta na última fila, non participa, non é problemático, non destaca, salvo en Matemáticas. Cada clase fáiselle máis insoportable ata que Xermán, o profesor de Lingua e Literatura, manda escribir unha redacción sobre a fin de semana. A partir deste intre, Claudio empeza a transformarse en alguén que observa, imaxina e escribe a vida doutros nun relato por entregas para un só lector. Ese relato compartido polo discípulo e o mestre convértese nun xogo cada vez máis perigoso para eles e para quen os rodea. Un xogo que se disputa en dous taboleiros: o da vida e o da literatura

Lugar do espectáculo: 
Pazo da Cultura
Duración: 
1 HORA E 40 MIN
Prezos: 
Público xeral 9.50€ / Tarifa reducida 6.65€
Información da billeteira: 

ESPECTÁCULO EN PERIODO DE VENTA DE ABONADOS ATA O 13 DE MARZO INCLUSIVE.

A VENTA DE LOCALIDADES A TARIFA REDUCIDA FARASE UNICAMENTE A TRAVÉS DO DESPACHO DE BILLETES DO PAZO DA CULTURA DE NARÓN, PRESENTANDO A DOCUMENTACIÓN QUE CORRESPONDA.

Funcións: 
Sábado, 31 de Outubro de 2020 20:00