O ESTADO CRU

DATOS BÁSICOS

(FESTIVAL SINGULAR)

“Secar as dúbidas ao sol abertas en canal a peito descuberto. Coa valentía de asumir os restos e as súas arganas. Non ser a mesma mudar a codia que envolve a espiña atravesada no peito. Coa franqueza de facerme vulnerable ás sombras e habitar constantemente un corpo ingrávido. Na véspera da devastación. O tempo é mentira”.

 

O estado cru é unha reflexión sobre a vida, a morte, a relixión, a soidade, a tristeza e a loucura atravesada pola perda do amor e a lucidez do desequilibrio.

 

Unha muller elucubra sobre a perda do amor no medio dun cuarto completamente baleiro e rodeada de flores murchas baixo os seus pés. O estado apodrecido e decadente envólveo todo, o cuarto cheira ao instante previo da descomposición. Apesta a tristeza.

 

Nesta antesala do imprevisible flota a posibilidade de deixarse ir para, nun momento de lucidez, tentar comezar de novo unha vez máis. Un estado constante do caer e o erguerse, no psicolóxico e no físico, instantáneo e efémero; unha contradición permanente na que transitar. O descenso aos infernos propios na procura da única esperanza que resista.

Lugar do espectáculo: 
Pazo da Cultura
Duración: 
50 MIN
Prezos: 
Público xeral 9.50€ / Tarifa reducida 6.65€
Información da billeteira: 

ESPECTÁCULO EN PERIODO DE VENTA DE ABONADOS ATA O 27 DE DECEMBRO

VENTA AO PÚBLICO EN XERAL A PARTIR DO 28 DE XANEIRO DO 2019.

*A venda de entradas a tarifa reducida farase unicamente a través das billeteiras do Pazo da Cultura de Narón, presentando a debida documentación.

**Espectáculo en período de reserva de abonad@s, venda ao publico xeral a partir do 28 de decembro.

+info 981 102 897

Funcións: 
Venres, 27 de Marzo de 2020 20:30