O CRÉDITO - EME 2 EMOCION&ARTE

DATOS BÁSICOS

Venres, 6 de marzo ás 20:30 h.

Sábado, 7 de marzo ás 20:00 h.

No noso civilizado mundo, cando necesitas cartos vas ao banco e pides un crédito. Se non cho conceden volves para a casa, coa cabeza gacha, pensando que as cousas están moi mal, que os tempos cambiaron, que o crédito non flúe… Pero se cadra hoxe non. Tal vez hoxe, cando che deneguen o crédito non marcharás para a casa co rabo entre as pernas, manso como unha ovella. Quizais hoxe mirarás ao director da oficina aos ollos, poñeraslle as cartas sobre a mesa e diraslle que hoxe es ti quen ten o burro pola corda e que se non che dá os cartos pensas emprender medidas de forza, medidas realmente potentes. Nada violento, vállame Deus, iso non, pero hoxe, se o señor director non che solta a pita, iniciarás unha acción definitiva que converterá a súa vida nunha catástrofe.

Xénero: 
  • Teatro
  • Comedia
Lugar do espectáculo: 
Pazo da Cultura
Duración: 
1 hora e 30 minutos
Prezos: 
9,50 € Público Xeral / 6,65 € Abonados - Carné Xove ou de Estudante (ata 25 anos) - Desempregados
Información da billeteira: 

Venres 6 de marzo ás 20:30 h.

Sábado 7 de marzo ás 20:00 h.

  • Público: Adultos
  • + Info: 981 102 897
Funcións: 
Venres, 6 de Marzo de 2015 00:00