O CHARCO DE ULISES

DATOS BÁSICOS

 DRAMA ADULTOS GALEGO

“O charco de Ulises” é unha versión libre da Odisea traspasada a un contexto atlántico. Do mar ao océano. De Ítaca a Galicia. De Troia a Buenos Aires. Do Mediterráneo ao Atlántico. Ulises está considerado, na cultura occidental, o primeiro emigrante; o primeiro ser humano que experimentou a nostalxia pola súa terra. En Galicia temos dúas palabras máis para chamarlle a isto: saudade e morriña. Un sentimento complexo, consecuencia dun fenómeno complexo. Moitos emigrantes galegos deixaron mulleres e fillos aquí e fundaron outras familias en América. Gozaron da liberdade da que carecían nas pequenas aldeas das que marchaban. Foi un sufrimento comezar unha nova vida ou unha oportunidade para atopar a felicidade nun país social e economicamente avanzado? O charco de Ulises trata da viaxe como concepto vital da existencia do ser humano no tempo, trata dos movementos migratorios, do multiculturalismo, da necesidade -ou non- de traspasar calquera fronteira. Fai unha relectura do clásico universal de Homero contextualizándoo nun fenómeno sociolóxico que marcou a historia do pobo galego.

Duración: 
1HORA 35 MIN
Prezos: 
Público xeral: 9,50 € Abonados - Desempregados - Carné Xove ou Estudante (ata 25 anos): 6,65 €
Información da billeteira: 

Público xeral: 9,50 €

Abonados - Desempregados - Carné Xove ou Estudante (ata 25 anos): 6,65 €

Funcións: 
Sábado, 11 de Decembro de 2021 20:00