O CAMIÑO

DATOS BÁSICOS

PRESENTACIÓN TEATRALIZADA DE CANTO E MÚSICA - Idioma galego

“O Camiño” e un percorrido polos diversos camiños de Santiago que entran en Galicia, posto en escena mediante a mestura de fotografía, vídeo, presentación teatralizada, canto e música.

Setestrelo quere, con este espectáculo, levar ao publico á fantasía de facer O Camiño de Santiago dende a súa butaca e poñer en valor a nosa música.

Para isto usamos pezas, tanto das zonas por onde transcorren os camiños, como das súas áreas de influencia, músicas de autor e temas compostos para ese camiño en concreto.                  

Xénero: 
  • Música
Lugar do espectáculo: 
Pazo da Cultura
Duración: 
1H 20MIN
Prezos: 
Menores de 10 anos: invitación / A partir de 10 anos: 5€
Información da billeteira: 

Prezos:

*Menores de 10 anos: de balde, con invitación

*A partir de 10 anos: 5

 

**Espectáculo fóra de bono.

***As invitacións para @s menores de 10 anos estarán dispoñibles na billeteira do Pazo da Cultura de Narón.

+info 981 102 897

Funcións: 
Venres, 11 de Outubro de 2019 20:30
Setestrelo.jpg