Domingo, 15 de marzo ás 19:00 h.
O dragón da nosa peza non é un dragón do común, trátase do derradeiro da súa especie porque os tempos nos que os dragóns eran tan correntes como o son agora os autobuses xa pasaran cando comeza o noso espectáculo. Será por iso que cando a princesa e o neno Telmo achéganse ao fondo da cova onde vive para acabar con él e cumprir así a tradición, o noso amigo négase a moverse: Para que vou eu querer unha pincesa? dí.
Para comela, non? contéstalle a princesa treméndolle un pouquiño a voz. Un corno vou comela -dixo o dragón molesto pola insistencia dos mozos-. Nin sequera se me ocorriría tocar unha cousa tan horrible!
Baixo unha estructura clásica, relendo e inspirándonos en autores como E. Nesbit ou Kenneth Grahame, construimos unha brincadeira na que nada é o que parece. En tempos de cabaleiros e torneos a princesa Celia, o seu amigo Telmo, príncipe interino, e o noso dragón protagonizan unha historia de amizade, reivindicando o pacifismo e a tenrura como fómula ideal para relacionarse.
Domingo, 15 marzo ás 19:00 h.