Pandeiretas e adufes son perfectos aliados da copla, gala do xardín encantado da lírica galega como dicía Cabanillas.
O novo traballo de Xabier Díaz (Berrogueto, Nova Galega de Danza, A Cada Canto) xunto coas Adufeiras de Salitre, un grupo de percusionistas e cantoras de música popular, preséntase como o lugar onde a tradición non esmoreceu, onde queda sitio para o baile e o aturauxo...
Acompañados por Gutier Álvarez (zanfona e violín) e Javier Álvarez (acordeón diatónico), jnace un novo porxecto preparado para invadir con muiñeiras e pasodobres os teatros e festivais do mundo!
Público Xeral 9.50€
Abonados, desempregados , estudantes ou carne xove (ata 25 anos) 6.65€
A venda de localidades a tarifa reducida farase únicamente a través da billeteira do Pazo coa acreditación correspondente.
Espectáculo en período de venta de abonados. Venda ao público en xeral a partir do 18 de agosto.
+info 981 102 897
XABIER DÍAZ
ADUFEIRAS DE SALITRE
GUTIER ÁLVAREZ
JAVIER ÁLVAREZ