A NOIVA DE DON QUIXOTE - TEATRO
EME 2
FESTIVAL SINGULAR
Despois da morte de Don Quixote, as esperanzas de Dulcinea del Toboso de casar como Deus manda están case tan desaparecidas coma o fidalgo. E aínda máis se en realidade te chamas Aldonza Lorenzo, non es dama, nova nin bela, e traballas de camareira nun mesón cervantino, preto da autovía, nalgún lugar da Mancha.
Dulcinea disponse a atravesar o seu particular dó no que se rebela contra a personaxe que Cervantes lle atribuíu na novela. Con humor, con ironía , con emoción e con descrenza, desvela algúns insospeitados acontecementos que non aparecen no Quixote , en especial a misteriosa historia de amor entre unha pastora que lle murmuraba ás ovellas e un fidalgo que lé novelas de cabalarías.
Pero tal vez o principal misterio sexa a verdadeira identidade que se agocha tras a propia Aldonza...
Autor : José Luis Esteban
Dirección: José Carlos García
Axudante de dirección: Nuria Cuadrado Jorge
Intérprete: Mercedes Castro
Traducción: Sandra Romarís
Iluminación: Anxo Graña
Espazo escénico e atrezzo: Javi Tirado
Deseño gráfico ; Roi Fernández (Le Gráfica)
Producción executiva: Eme 2