A NOIVA DE DON QUIXOTE

DATOS BÁSICOS

FESTIVAL SINGULAR

ESTREA!!

Despois da morte de Don Quixote, as esperanzas de Dulcinea do Toboso de casar como Deus manda están case tan desaparecidas coma o fidalgo. E aínda máis se en realidade te chamas Aldonza Lorenzo, non es dama, nova nin bela, e traballas de camareira nun mesón cervantino, preto da autovía, nalgún lugar da Mancha.

Dulcinea disponse a atravesar o seu particular dó no que se rebela contra a personaxe que Cervantes lle atribuíu na novela. Con humor, con ironía, con emoción e con descrenza, desvela algúns insospeitados acontecementos que non aparecen no Quixote, en especial a misteriosa historia de amor entre unha pastora que lle murmulla ás ovellas e un fidalgo que le novelas de cabalarías.

Pero tal vez o principal misterio sexa a verdadeira identidade que se agocha tras a propia Aldonza...

Xénero: 
  • Teatro
  • Comedia
Lugar do espectáculo: 
Pazo da Cultura
Duración: 
1H
Prezos: 
Público Xeral 9,50€ / 6.65€ Abonados, Desempregados ou Carne Xove ou de Estudante(ata 25 anos)
Información da billeteira: 

Prezos:
ABONADOS: 6,65 € 
PÚBLICO XERAL: 9,50 € 

*Espectáculo en período de reserva de abonad@s, venda ao público xeral a partir do Xoves 22 de decembro.

**A venda de entradas a tarifa reducida farase unicamente a través da billeteira do Pazo da Cultura.

+info 981 102 897

Funcións: 
Venres, 10 de Marzo de 2017 20:30
Sábado, 11 de Marzo de 2017 20:00
merce singular.jpg