Chega o Nadal a Santiago de Compostela, e con el as panxoliñas, o turrón, as pagas extras e o tradicional rapto do Neno Xesús do Belén. Nestas datas ninguén debería cear só en Noiteboa e por iso Mariví, unha entrañable xubilada, contrata a dous profesionais para que lle fagan compaña. Arturo, unha vella gloria con delirios de grandeza, é un asiduo nas festas de Mariví. Pero para Nico, un estudante con escasos recursos, é a primeira vez. Para todos, esta Noiteboa será difícil de esquecer.
Sábado 3 de Outubro - 20:00 h.
Espectáculo Noiteboa
Autor Alex Sampayo e Borja F. Caamaño
Dirección Alex Sampayo
Escenografía Redrum Teatro
Deseño son David Machado
Deseño iluminación Carlos Álvarez-Ossorio
Vestiario Redrum Teatro
Elenco artístico:
Ernesto Chao
Mela Casal
Guillermo Carbajo