Pancho Varona e Antonio García de Diego son coautores, xunto a Joaquín Sabina, de máis de cen cancións que, na voz áspera do cantautor de Úbeda, desafiaron as barreiras do espazo e do tempo. Na lista están grandes clásicos como "A la orilla de la chimenea", "Aves de Paso", "Contigo", "Corre", "Dijo la tortuga", "Peor para el sol", "Resumiendo" ou "Y sin embargo". As súas dúas mans dereitas, músicos de cabeceira e productores de varios dos seus discos, tamén participaron en éxitos de artistas coma Ana Belén, Víctor Manuel, Luz Casal, Quique González, Miguel Ríos ou Christina Rosenvinge. Agora viran, cando Sabina descansa, co estectáculo "Noche Sabinera", un gran show nado en Barcelona no ano 2006 e que viaxou ao longo destes anos por toda España e Latinoamérica.
ANTICIPADA: 15€
DÍA DO CONCERTO: 18€
*Espectáculo fóra de bono.
**Xa á venda ao público xeral
Pancho Varona
Antonio García de Diego
Mara Barros
Jaime Asúa
Jose Antonio Romero
Paco Beneyto