A NENA QUE VIVÍA NUNHA CAIXA DE MISTOS
“A nena que vivía nunha caixa de mistos” é un novo espectáculo de Caramuxo teatro inspirado no conto “A vendedora de mistos” de Andersen. Unha peza cunha linguaxe contemporánea e multidisciplinar que trata o tema da pobreza infantil e a orfandade, mais cunha mensaxe positiva, sobre o poder do cambio. Unha proposta de teatro de actriz e monicreques case sen palabras, que recorda ás películas clásicas en branco e negro. O espectáculo, que conta con música en directo, é a terceira pata da triloxía sobre os contos populares, que empezou con “As fabas máxicas”, continuou con “Feo” (Premio María Casares a Mellor Espectáculo Infantil) e remata con esta peza.
ESPECTÁCULO EN PERIODO DE VENTA DE ABONADOS ATA O 18 DE FEBREIRO
VENTA LIBRE A PARTIR DO 19 DE FEBREIRO
A TARIFA REDUCIDA FARASE ÚNICAMENTE NO DESPACHO DE BILLETES DO PAZO, ACREDITANDO A CONDICIÓN OPORTUNA (DESEMPREGADOS OU CARNÉ ESTUDANTE ATA 25 ANOS)