TEATRO COMEDIA
Catro actrices que atravesan esas idades nas que corren el risco de desaparecer do mundo do espectáculo, fartas de non recibir ofertas de emprego, deciden autoempregarse e montar unha peza, xuntándose nun aula de cultura, pechada hai anos, dunha entidade bancaria que hai anos que cambiou de nome. En vista de que non atopan textos para catro mulleres, aventúranse a promovelo elas mesmas, encomendándollo a unha xove escritora que vive emigrada, partindo dunha noticia aparecida nos xornáis:
"A policía rescata a tres monxas indias retidas contra a súa vontade nun convento de clausura en Santiago".
Con esa inspiración van argallando un espectáculo en múltiples planos no que , con rigor e obxectividade , pero con frescura, dinamismo, emoción e pinceladas de humor, entran no entramado argumental do caso, pero tamén en múltiples reflexións e referencias a diversos temas vistos dende a perspectiva de xénero: a desigualdade, a ilusión da liberdade, os condicionantes da muller nas distintas culturas, a emigración,...
Catro actrices que interpretan a unha ducia de personaxes. Un escenario no que se representan os máis variados espazos e situacións. Un espectáculo para pensar e desfrutar, emocionarse e divertirse.