Sábado, 28 de febreiro ás 20:00 horas
Está baseada no Antigo Testamento e a obra Nabuchodonosor de Francis Cornue e Anicète Bourgeois.
Foi estreada o 9 de marzo de 1842 en La Scala de Milán. En España, estreouse en 1844 no Teatro da Santa Cruz de Barcelona.
Esta ópera, que está dividida en catro actos, ten lugar entre Xerusalén e Babilonia no 586 a.C.
O seu argumento xira en torno á derrota e posterior exilio dos hebreos de Xerusalén ás mans do rei babilonio Nabucodonosor, quen arrasou o Templo de Salomón.
Mentres os babilonios asedian Xerusalén, Fenena- filla do rei babilonio- é tomada refén polos hebreos, namorándose de Ismael, sobriño do rei hebreo. Os babilonios conseguen infiltrarse en Xerusalén comandados por Abigaíl, suposta filla de Nabucco, quen está namorada de Ismael. A cambio do seu amor, ela promételle salvar o pobo hebreo.
Finalmente, os hebreos son derrotados polos invasores, que saquean o templo.
Nabucco goza dun notable éxito grazas a arias como Va pensiero ou o coro dos escravos.
