MUUU

DATOS BÁSICOS

TEATRO PARA BEBÉS FAMILIAR E INFANTIL DE 6 MESES A 5 ANOS

Muuu...Las cosas de Celia
Espectáculo sensorial e musical "en clave de... Muuu", que representa a esa vaca imaxinada por nós, desde a nosa infancia. 
(Espectáculo Reestreado en marzo de 2016 no Faiado do Teatro Calderón)

O espéctaculo:
Desde pequenos sentímonos atraídos pola sensación apracible que produce unha vaca pastando, o son do cencerro, as súas grandes dimensións, as manchas negras e brancas e esas ubres rosadas de onde mágicamente sae leite. Pero sobre todo, por eses ollos redondos e atentos cos que miran ao mundo, como os dos nenos...
"Muuu" representa a esa vaca imaxinada desde a nosa infancia e quere ser nosa pequena achega ao desenvolvemento do neno, a modo de leite, sen aditamentos nin mesturas, pero con algo moi básico e esencial: o xogo, a música, as cancións?
Baseado en poemas de Celia Viñas e cancións populares.
Sinopse:
Muuu
É un espectáculo en branco e negro pero cheo de cores, de sensacións, de ambientes que rodean e atrapan a atención do neno. Desde que instalamos a nosa maleta-vaca e producimos os primeiros sons con todo tipo de instrumentos musicais, ata que as notas dunha guitarra desembocan en varias cancións, sucédense sorpresas, trucos de maxia, malabarismos, así como xoguetes e marionetas que fan de "Muuu" un espectáculo onde sen palabras, cóntanse muuuuchas cousas. Ao final creamos entre todos unha orquestra tola e divertida, sen orde nin concerto. Porque o obxectivo do espectáculo é que todos nos divirtamos e gocemos.

Xénero: 
  • Infantil
Lugar do espectáculo: 
Café Teatro
Duración: 
30min
Prezos: 
Público Xeral 9,50€ / 6.65€ Abonados, Desempregados ou Carne Xove ou de Estudante(ata 25 anos)
Información da billeteira: 

*a venda de entradas para os espectáculos infantís faranse unicamente a través da billeteira do Pazo da Cultura.

+info 981 102 897

Funcións: 
Sábado, 26 de Novembro de 2016 18:00
muuu.jpg