MORGANA EN ESMELLE

DATOS BÁSICOS

MORGANA EN ESMELLE

No ano 2012 editouse a magnífica novela de Begoña Caamaño "Morgana en Esmelle". Recibiu o aplauso de lectores e crítica (Premio Ánxel Casal, Premio Losada Diéguez, Premio ALG, Premio Nacional da Crítica).

Sarabela Teatro emprende con paixón a adaptación escénica desta obra inmensa, magnética e fascinate e dialoga coa súa autora para devolver ás espectadoras e espectadores unha parte pequena do seu universo único.

Sarabela Teatro comparte con Begoña Caamaño a visión do amor, a xustiza, a violencia, a morte, a liberdade, as opresión, a dignidade… Cuestións éticas, políticas e sociais que nos interpelan, que nos moven e conmoven. Coa necesidade de combater o sexismo e a discriminación histórica.

Sarabela Teatro nútrese nesta posta en escena da recreación nova do mito de Morgana que sitúa ás mulleres no primeiro plano do foco da imaxinación. As protagonistasson mulleres fortes e apaixonadas. Sarabela Teatro cre tamén na maxia: nos grandes misterios que valéndose de mitos e feiticeiras, de soños, presaxios, premonicións e agoiros debuxan as veces paisaxes desoladas.

Viaxamos xuntas pola materia de Bretaña, atravesamos pontes épicas e poéticas. Cosemos o pasado ao presente para albiscar o futuro: facémolo cos imaxinarios entrelazados dun equipo entregado que celebra con vós este encontro.

Xénero: 
  • Teatro
Lugar do espectáculo: 
Pazo da Cultura
Duración: 
70 MIN
Prezos: 
TARIFA XERAL 9.50€; REDUCIDA 6.65€
Información da billeteira: 

ESPECTÁCULO EN PERIODO DE VENTA DE ABONADOS ATA O 18 DE FEBREIRO

VENTA LIBRE A PARTIR DO 19 DE FEBREIRO

A TARIFA REDUCIDA FARASE ÚNICAMENTE NO DESPACHO DE BILLETES DO PAZO, ACREDITANDO A CONDICIÓN OPORTUNA (DESEMPREGADOS OU CARNÉ ESTUDANTE ATA 25 ANOS)

Funcións: 
Sábado, 21 de Maio de 2022 20:00