Sábado, 14 de marzo ás 20:00 h.
Miki Nadal presenta o seu novo espectaculo "Mikipedia", un espectáculo concibido polo zaragozano para facer rir e alegrar a noite a todo aquel que se lle poña por diante.
Despois de moito investigar e consultar en manuais clásicos e internet, "Mikipedia" nace da necesidade de crear unha nova enciclopedia virtual máis próxima á xente, sen termos técnicos pesados e moito máis comprensible para o home de a pé e o que esta tirado no sofá. Por suposto, todo dende o punto de vista do humor e do pragmatismo.
Miki Nadal comenzou a súa traxectoria xunto a Pepe Navarro, pero a súa consolidación como humorista deuse a partir de 1999, cando empezou a traballar no recordado programa “El Informal”. A partir de entón, traballou noutros programas televisivos como “La corriente alterna”, “El espectáculo de Flo”, “El club da comedia”, “Cafetería Manhattan” e, ultimamente, “Sé lo que hicistéis” e “Zapeando”.
ESPECTÁCULO FORA DE ABONO