MELANCOHOLEMIA Sobre un texto propio, Antón Reixa, interpreta a un paciente dunha institución mental que recibe aos convidados nunha sesión de “portas abertas”. O texto, en clave satírica e na máis pura tradición do “teatro do absurdo” glosa o chamado estado de “melancoholemia”, a carencia de forma de ser. As imaxes do vídeo realizado por Antonio Sergade, baseadas no tratamento de diversas obras da historia das artes plásticas, a música de Cachopou e a presenza da actriz Antela Cid conforman a posta en escena dirixida polo dramaturgo vasco Fernando Bernués (El Florido Pénsil, El Hijo del Acordeonista)
ESPECTÁCULO EN PERIODO DE VENTA DE ABONADOS ATÉ O 28 DE DECEMBRO DE 2020 INCLUSIVE
VENTA XERAL A PARTIR DO 29 DE DECEMBRO 2020
*Prezos:
-Tarifa público xeral: 9.50€
-Tarifa reducida: 6.65€ - para desempregad@s, con Carné Xove ou de estudante (ata 25 anos), menores de 14 anos
-Tarifa abonad@s: 6.65€ - para abonados / as
*A venda de entradas con tarifa reducida farase unicamente a través das billeteiras do Pazo da Cultura de Narón, presentando a debida documentación.
+ INFO 981 102 897
Espectáculo Melancoholemia
Autor Antón Reixa
Dirección Fernando Bernués
Escenografía Tanttaka
Deseño son Pako de Pink
Deseño iluminación Pako de Pink
Vestiario Tanttaka
Música Cachopou
Elenco artístico:
Antón Reixa
Antela Cid