ME LLAMO SULEIMÁN - UNAHORAMENOS PRODUCCIONES

DATOS BÁSICOS

Sábado 24 de Outubro - 20:00 h.

Esta adaptación teatral da novela homónima escrita por Antonio Lozano conta a historia de Suleimán, un neno que farto da terrible situación de pobreza que vive no seu país, Malí, decide marchar xunto ao seu amigo Musa á próspera Europa. Alí esperan traballar e conseguir suficiente diñeiro para regresar e montar os seus propios negocios para axudar ás súas familias, pero a viaxe é dura e difícil. Deberán cruzar o deserto en camións incómodos e atestados de expatriados que, como eles, buscan unha vida mellor. Chegarán ata a fronteira con Melilla, pero alí o cruzamento do enreixado complicarase. Non obstante Suleimán non se dará por vencido e volverá intentar a viaxe, esta vez por mar. En escena Isabel, unha compañeira de clase de Suleimán, é a encargada, xunto co traballo de animación audiovisual de Juan Carlos Cruz e baixo a dirección de Mario Vega, de narrar esta historia, que non é outra que a da viaxe que é capaz de emprender un neno co único fin de alcanzar os seus soños...

Xénero: 
  • Teatro
Lugar do espectáculo: 
Pazo da Cultura
Duración: 
1 hora e 20 minutos
Prezos: 
9,50 € Público Xeral / 6.65 € Abonados - Carné Xove ou de Estudante (ata 25 anos) - Desempregados
Información da billeteira: 

Sábado 24 de Outubro - 20:00 h.

  • Público: maiores de 14 anos.
  • + Info: 981 102 897
Funcións: 
Sábado, 24 de Outubro de 2015 00:00
Me llamo Suleimán.jpg