Amigos de toda a vida, profesionais de éxito, os dous están casados, teñen fillos, unha sólida posición económica e, o que en resumo poderiamos considerar, unha vida plena e satisfactoria.
Pero un día Art cóntalle a Ben, en ton case xocoso, que soñou que se deitaba con Catheriene, a muller de Ben, nunha habitación cuberta de mármore. Esa mesma noite, Ben descobre estupefacto que a súa muller tivo exactamente o mesmo soño co seu amigo Art.
Pasan as semanas e Art e Catherine seguen tendo soños compartidos ante a desesperación de Ben e o escepticismo de Anne, a muller de Art.
O que nun primeiro momento era algo puramente anecdótico comeza a rachar os tecidos dunhas relacións que se crían perfectamente consolidadas e levará a que todos se reformulen as opcións que foron tomando conscientemente e as que chegaron case sen que eles se decataran.
Ata que Catherine atrévese a cruzar os límites e todo o que crían seguro salta polo aire.