LOS PAZOS DE ULLOA

DATOS BÁSICOS

DRAMA ADULTOS

No centenario da morte da escritora Emilia Pardo Bazán, Secuencia 3 presenta a adaptación teatral da súa novela "Los Pazos de Ulloa" asinada polo dramaturgo Eduardo Galán, baixo a dirección de unha das mellores directoras do noso país, Helena Pimenta, e cun reparto de luxo con Pere Ponce, Marcial Álvarez e Olivia Molina como cabeza de cartel.

Considerada por moitos como unha das maiores novelas españolas do século XIX, e sen dúbida a referencia principal dentro da amplísima bibliografía de Emilia Pardo Bazán, "Los Pazos de Ulloa" fala tanto da vida rural en Galicia como da nobreza vinda a menos.

Lugar do espectáculo: 
Pazo da Cultura
Duración: 
1 HORA 30MIN
Prezos: 
Público xeral: 12,00 € Abonados - Desempregados - Carné Xove ou Estudante (ata 25 anos): 8,40 €
Información da billeteira: 

Público xeral: 12,00 €

Abonados - Desempregados - Carné Xove ou Estudante (ata 25 anos): 8,40 €

Funcións: 
Venres, 24 de Setembro de 2021 20:30