LOS MALDITOS

DATOS BÁSICOS

TEATRO CONTEMPORÁNEO

"Los Malditos" lévanos polo submundo que transcorre detrás dos grandes movementos de seres humanos no planeta: desde a escravitude ata a trata de mulleres, pasando polo tráfico de órganos e outros dramas aos que se expoñen quen abandona os seus países en situación de vulnerabilidade absoluta.

Armando é un xornalista uruguaio afincado nunha cidade portuaria. É responsable de contidos dun programa de reportaxes de actualidade que se emite nunha das televisións máis importantes do país.

Nunha das súas viaxes de investigación a Congo, coñeceu a Dieudonné, con quen trabó unha intensa amizade e a quen axudou a vir vivir a España. Dieudonné namorouse de Maika, unha antiga prostituta cuxa mellor amiga -Aída- foi asasinada.

Os tres emprenden unha investigación paralela á aparente apatía policial que lles levará a coñecer as reviravoltas da escravitude moderna.

Xénero: 
  • Teatro
  • Contemporáneo
Lugar do espectáculo: 
Pazo da Cultura
Duración: 
1H 15MIN
Prezos: 
Público Xeral 12€ / Abonados, carné Xove ou de estudante (ata 25 anos), Desempregados 8.40€
Información da billeteira: 

Prezos:
ABONADOS: 8,40 €
PÚBLICO XERAL:  12,00 €

*Espectáculo en período de reserva de abonad@s, venda ao público xeral a partir do Xoves 22 de decembro.

**A venda de entradas a tarifa reducida farase unicamente a través da billeteira do Pazo da Cultura.

+info 981 102 897

Funcións: 
Venres, 17 de Febreiro de 2017 20:30
Sábado, 18 de Febreiro de 2017 20:00
Los Malditos1.jpg