LIBERTINO

DATOS BÁSICOS

DANZA FLAMENCA E ESPAÑOLA

En Libertino falamos de liberdade. A liberdade do baile, do cante e da poesía: tres carreiros que se bifurcan e coinciden continuamente ao redor dunha gaiola baleira. Ilustran ese momento explosivo da toma dunha decisión sen marcha atrás, inapelable: voar da gaiola.

Libertino é un ritual sobrio e espido, poético e evocador. Conta a vida que transcorre ao longo e ancho destes tres carreiros en contínuo diálogo, creando momentos máxicos  e abrindo espazos para respirar, tomar aire e forza antes de saltar outra vez ao baleiro en busca da nosa propia e insobornable liberdade persoal.

Díxoo o poeta: voando vou, voando morro...

Xénero: 
  • Danza
Lugar do espectáculo: 
Pazo da Cultura
Duración: 
1H
Prezos: 
Público Xeral 12€ / Abonados, carné Xove ou de estudante (ata 25 anos), Desempregados 8.40€
Información da billeteira: 

*Espectáculo en período de reserva de aboados, venda ao público xeral a partir do Venres 28 de Xullo.

**A venda de entradas a tarifa reducida farase unicamente a través da taquilla do Pazo da Cultura de Narón.

+info 981 102 897

Funcións: 
Sábado, 2 de Decembro de 2017 20:00
LIBERTINO_LuisCastilla1.jpg